Hola, son un rapaz da Illa de Arousa que estudia no IES da Illa. Este é o noso blog de informática. Teño 16 anos pero pronto terei 17.
Teño pensado estudar informatica nun ciclo medio e a continuación superior cando saia do instituto, ainda que a profesora de informática di que non fago moito caso.
Nos estudos digamos que non son un lince pero intento sacar a maior nota posible facendo o mínimo esforzo.
Polas tardes ao acabar de estudar sempre vou dar unha volta cos meus amigos polo parque do regueiro e os "bancos". Antes ivamos aos pisos e ás "4 casas" pero dende ai tempo, a policia local tennos prohibida a entrada, por non variar.
Os sábados pola noite intento saír por Cambados. Facemos un percorredo e pasamolo en grande.
Todo esto escriboo porque me mandan... Non creo que esto sexa algo interesante para o meu blog.
O meu grupo de música favorito é PEREZA. É un grupo que din as verdades e non se calan para que a xente non falen deles. Eles admiten todo o que fan nas súas cancións, non coma outros grupos musicais. En cambio, o meu estilo de música preferido é o dance, house & trance, xa que Pereza é Pop/Rock nacional. Gústame escoitar Máxima Fm e non Os Corenta Principais ou Cadena Dial. A música xitanada ponme dos nervios e de mala h..... prefiero escoitar unha boa canción house ou de Pereza como a miña preferida "Princesas" que lle puxeron ese nome por non poñerlle Pu..
Eu non teño película favorita pero gustanme moito as peliculas de terror e as comedias. As peliculas que contan unha historia emocionante tamen me gustan, como de aventuras.
Non me gusta nada ler. Agora mesmo estou lendo o libro de Manuel Rivas "Que me queres amor?" que vai de varios contos. Odio ler, o que pasa é que o libro mandounolo leer a profesora de Galego.