31. Elaboración de nóminas.

0 comentarios

30. Mínimo de ventas ao ano.

0 comentarios

Cámaras: 100
Ordenadores: 75
Instalacións: 150
Revelados: 500

30. Mínimo de ventas ao ano.

0 comentarios

29. Custo do producto, gastos en xeral e balance.

0 comentarios

Custo do producto

  • As cámaras non todas valen iguais.Algunhas cámaras son mellores que outras e non poden valer o mesmo.As cámaras máis baratas son de 140€ aprox.e logo xa van aumentando de prezo ata 700€ aprox.
Gastos en xeral:
  • Compra de productos.
  • Limpeza.
  • Mantemento do local.
  • Material de oficina.
  • Material de traballo.
  • Chamadas telefónicas.
  • Conexión a internet.
  • Gasolina
  • Seguros
  • Luz e auga.
  • Aluguer.
  • Impostos
  • Publicidade.
  • Páxina en internet.


28. Prezos de Venta ao público

0 comentarios

Prezo de venta ao público

  • Cámaras:ganarémoslle un 150%
  • Ordenadores:ganarémoslle un 170%

Descontos:

  • Facemos descontos unha vez por ano en Xaneiro e Febreiro.
  • Tamén temos unha tarxeta para os que nos veñen comprar a miúdo:Por cada compra superior a 150€ descontamoslle o 10% ou pode ir acumulando o diñeiro na súa tarxeta.A tarxeta é gratuíta.

Marxe de beneficios:

  • O mínimo que lle ganamos a un producto que vendemos será o 130%

27. Distribución do ben ou servizo.

0 comentarios

A nosas cámaras e ordenadores chegannos das empresas as que llos compramos.Os nosos bens coñécenos os clientes por medio da nosa publicidade e por visitas a nosa tenda ou por internet.

26. Maqueta do Local Fisico

0 comentarios





25. Seguros

0 comentarios

  • Seguro do local.
  • Seguro do vehículo.
  • Seguro colectivo de accidentes personales.

24. Vehículo

0 comentarios


Na nosa empresa teremos unha furgoneta para levar as cousas necesarias a donde nos manden. Collemos o vehículo por leasing e cada dous anos modernizamolo.

23. Permisos e impostos.

0 comentarios

  • Imposto sobre a renda das persoas físicas. (IRPF)
  • Imposto sobre sociedades. (IS)
  • Imposto sobre o valor engadido. (IVE)
  • Imposto sobre actividades económicas. (IAE)
  • Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
  • Imposto sobre o patrimonio.
  • Alta no censo de facenda.
  • Alta en autónomos.
  • Rexistrar a escritura no rexistro mercantil.

22. Local físico

0 comentarios

1. Vimos un baixo que se alugaba. Nós decidimos alugalo porque nos parecía un sitio grande e ven situado.

2. Temos un contrato de dous anos e tivemos que facer reformas porque antes había outro negocio alí.

3. Cada mes o dono do local ven a cobrar o aluguer. O aluguer é de 500€.

4. Para o permiso de apetura teremos que ir a facenda e a o concello para que no lo dean.

5. Teremos que comprar todo o mobilario que nos faga falta, redecorar a tenda e poñela chamativa.

21. Venda por internet e local fisico.

0 comentarios

Venda por internet.

Venda nun local físico.

20. Anuncio Fotoinfo

0 comentarios






19. Publicidade

0 comentarios

Vamos a poñer un anuncio en TeleSalnés (Canal Rías Baixas) e en YouTube.
Vamos a repartir folletos publicitarios.
Crearemos un eslogan.

18. Posibles Clientes.

0 comentarios

A xente que vexa a nosa publicidade e lle interese algo do que nos ofrecemos. Tamén as persoas as que se lle estropee o seu ordenador ou cámara ou simplemente queiran revelar un carrete de fotos.

17. Descripción do ben ou servizo.

0 comentarios

Venderemos cámaras e ordenadores. Os productos fanse nas respectivas fabricas das marcas que nos envían.
A fonte de enerxía será a enerxia eléctrica que teremos que pagar cada mes.
O capital físico será o noso negocio.
O capital humano seremos nós e os nosos empleados.
O capital financeiro será o diñero.

16. Factores que impiden o desenvolvemento da Iniciativa.

0 comentarios

  • A competencia. Como solución poñeremos mais publicidade en Internet e en carteis dos arredores ofertando mellores prezos e maior calidade.
  • Non conseguir o aluguer. Teremos que buscar outro local dispoñible a bo prezo e en bo estado e espacioso.
  • Que algún dos tres socios teña problemas cos outros. A solución será facelo entrar en razón e non abandonar e abandonar a empresa.
  • Moito tempo en reparar ordenadores ou camaras. Habería que facer horas extra e intentar calmar ao cliente e facelo no menor tempo posible e ben feito.
  • Vender algo en mal estado. Haberá que recurrir ao fabricante e reclamarlle un novo producto.

15. Promotores da Iniciativa

0 comentarios

Será unha sociedade limitada de 3 socios:
  • Fatima Chaves Daporta. Será a fotógrafa da empresa. Ela ten estudos fotográficos e coñecementos dabondo. Ela será tamén a que retoque as fotografías e as rebele.
  • Brais Chaves Daporta. Será o que leve as contas da empresa. Ten estudos de administración.
  • Adrián Cores Dios. Será o informático que reparará os ordenadores e venderá os aparellos informáticos. Tamén dará clases privadas de informática.

O Gran Salto

0 comentarios

1. ONDE E CANDO SE DESENVOLVEN OS FEITOS?
En Wall Street. En Manhatan (EEUU).

2. POR QUE, AO PRINCIPIO, NINGUÉN PENSA QUE NORVILLE BARNES TEN MADEIRA DE EMPRESARIO?
Porque apate da súa personalidade un pouco rara, sempre ensinaba un papel cun debuxo dun circulo que dicia que era un invento para os nenos. Como era de esperar ninguen comprendía o que significaba aquel debuxo.

3. ESTA PELÍCULA PRESENTA DOUS TIPOS DE EMPRESARIO COMPLETAMENTE OPOSTOS: Sidney Mussberger (Paul Newman) e Norville Barnes (Tim Robbins), COMO DESCRIBIRÍAS A CADA UN?
A Sidney Mussberger describoo como un empresario frio e calculador que ten todo controlado e o único que lle importa é chegar a ser o presidente da compañía e gañar moitos cartos.

Norville Barnes, en cambio, é un empresario que busca ideas novas e emprendedoras para que a empresa siga adiante e ten bo corazón. Non só lle importa o diñeiro, senón tamén os traballadores, excepto nun momento no que se fixo rico e perdeu o sentido común.

4. CRES QUE NA VIDA REAL HAI CARACTERES TAN EXTREMOS?
Eu creo que na vida real hai de todo. Hai xente que ten todo controlado e o único que quere é gañar mais e mais cartos a pesar de que xa ten moitos. Tamén hai xente que busca o ben das persoas e loita por levar as súas empresas con ideas novas e emprendedoras.

5. QUE CUALIDADES DE EMPRESARIO POSEE NORVILLE BARNES?
Ten boas ideas pero non é moi bo empresario. Non é o mesmo ser innovador que bo empresario. Eu creo que el non tería que estar como director nin posuir a empresa. Creo que estaría mellor traballando na empresa e dando ideas para os proxectos.

6. CAL FOI A IDEA EMPRENDEDORA DE NORVILLE BARNES?
A idea emprendedora foi o Hula-Hoop.

7. É O "HULA-HOOP" UN GRAN PRODUTO?
Eu creo que si porque faise exercicio mentres os rapaces o pasan ben e eso sempre é importante nun xoguete. Tampouco ten pezas que poidan ser malignas para os nenos e é bastante resistente. Eu creo que é un bo producto ainda que simple.

8. POR QUE NINGUÉN DA PROPIA COMPAÑÍA TOMA EN SERIA A IDEA DE NORVILLE?
Porque o toman por tonto e cren que este home non pode ter ideas boas, ainda que resulta completamente o contrario.

POR QUE AO PRINCIPIO NON TEN ACEPTACIÓN ENTRE O PÚBLICO?
Porque o público non coñecía o producto. Tiña que haber alguén para promocionalo ou unha propaganda nun cartel ou algo.

9. QUE ESTRATEXIAS SUCESIVAS VAN APLICANDO PARA INTENTAR VENDER O "HULA-HOOP"?
Revaixanlle o prezo unha e outra vez pero aora final como ninguén o compra regálano. Cando xa ten éxito en vez de baixarlle ou rebaixarlle sobenlle aínda máis o prezo do normal.

10. QUE CUALIDADE DE EMPRENDEDOR APRECIAS EN NORVILLE, A PESARES DA SÚA APARENTE TORPEZA?
Que ten boas ideas aínda que non as expresa ben.

11. APARECEN OUTRAS IDEAS EMPRENDEDORAS NA PELÍCULA?
Si, aparece a palliña de beber e o frisby. A palliña de beber non a inventou Norville, senón un empleado que lle foi ensinar o producto para saber o que pensaba del. Sen embargo o frisby si que o inventou e foi tamén un gran invento para os rapaces.

12. CALES SON AS FASES POLAS QUE TEN QUE PASAR UN PRODUTO, NESTE CASO O "HULA-HOOP" ANTES DE POÑERSE Á VENDA?
Tense que probar. Hai que mirar se pode facer dano para os nenos. Mirar se é resistente e se funciona.

13. EXPLICA O SIGNIFICADO QUE TEN A SECRETARIA QUE LE "GUERRA E PAZ" E MÁIS DESPOIS "ANA KARENINA" MENTRAS ATOPAN UN NOME AXEITADO PARA O PRODUTO NOVO.
Que tardaron moito en atopar un nome e á rapaza doulle tempo a leer dous libros grandes enteiros.

14. EXPLICA QUE DECISIÓNS E COMO SE TOMARON EN CADA UNHA.
Quedou o nome de Hula-Hoop porque sonaba mellor e era máis comercial.

15. QUE TRES CONSELLOS PODERÍAS SACAR DESTA PELÍCULA PARA APLICALOS Á TÚA EMPRESA?
Que non podes fiarte de toda a xente e que si se ten unha boa idea haina que levar a cabo.

16. DÁ A TÚA OPINIÓN SOBRE A PELÍCULA.
A película non foi unha das miñas preferidas pero estivo ben. Pareceume orixinal o dos inventos que ninguén sabíamos o que eran.

14. Condicións do contrato de traballo.

0 comentarios

FOTÓGRAFO:

  • Ten que ter un ciclo medio de "Imaxe e Son"
  • Ten que ter o graduado en ESO.
  • Ten que ter experiencia.
  • Ten que controlar o galego e o castelán.

INFORMÁTICO:

  • Precisase un ciclo medio de "Informática".
  • Control total de aplicacións informáticas.
  • Montaxe de ordenadores.

RECEPCIONISTA:

  • Ten que ter o graduado en E.S.O.
  • Nocións de Administración.
  • Experiencia.

LIMPADORA:

  • Non se precisa o graduado en E.S.O.
  • Control absoluto da fregona e escoba.
  • Manexo total coa Vaporeta.
  • Horarios nocturnos.

Este será o contrato de traballo:

13. Entrevista de Traballo

0 comentarios

  1. Que experiencia tiveches anteriormente?
  2. Cres que estás capacitado/a para traballar na nosa empresa?
  3. Cres que reunes todos os requisitos necesarios?
  4. Como te definirias?
  5. Con que persoas che gusta traballar?
  6. Porque estudaches esta carreira?
  7. Que sabes acerca da nosa empesa?
  8. Estás disposto a trasladarte a outra cidade ou pais?
  9. Estás acostumado a traballar en equipo?
  10. Canto cres que debería ser o teu soldo?
  11. Estás disposto a facer horas extra?
  12. Cal foi a decisión máis importante que tiveches que adoptar na túa vida?
  13. Que asignaturas che gustaban máis/menos e en cales sacabas mellores/peores notas?
  14. Por que te puxeches en contacto connosco?
  15. Pode incorporarse inmediatamente?
  16. Cal e o teu estado laboral actualmente?
  17. Que che pareceu a nosa entrevista?

SELECCIÓN DE PERSOAL:

  • FOTÓGRAFA. Lucía Lopez Courel. Escollemola porque era a única que tiña a formación necesaria para o posto e porque foi a única que se presentou para e este traballo.
  • INFORMÁTICO. Juan Manuel Vin Laden. Escollomolo porque tiña a mellor das formacións informáticas dos candidatos e suficiente experiencia laboral. Non collemos a Alexis Moreira dos Santos porque nos pareceu que Juan Manuel tiña máis experiencia.
  • RECEPCIONISTA: Melani Caeiro Dominguez. Escollemola porque ten maior experiencia que Angela Rosales Covarubia. Ten maiores nocións de administración e mellor curriculum.
  • LIMPADORA: Adriana García Blasco. Escollemola porque é amiga nosa e para limpadora non fai falta un curriculum bo. Tamén a escollemos porque foi a única que quixo ser limpadora xunto a Melani Caeiro que se a collemos para recepcionista.

12. Curriculum Vitae

0 comentarios

11. Anuncio. Busqueda empregados.

0 comentarios

Inglés:

Castellano: Galego:



10. Ventas e Arranxos

0 comentarios




9. Proxecto en Inglés

0 comentarios

8. Logo de Empresa

0 comentarios


Creamos este logo porque o logo representa a fusión entre fotografía e informática. Eleximos a cor verde porque representa a nosa preocupación polo medio ambiente. E a cor violeta eleximola porque nos identificamos con el. O símbolo en negro é o noso logo de distinción.

7. Datos do proxecto

0 comentarios

O proxecto estará na Illa de Arousa. Situarase ao lado da tenda de móviles na avenida Castelao. Marcada cunha estrela na imaxe. Seremos unha sociedade limitada.

A empresa encargarase de quitar fotografias de todo tipo, editar imaxes e revelado de imaxes. Tamén se venderán cámaras de fotos. No apartado de informática venderanse ordenadores e todo tipo de accesorios, tamén se repararán. Haberá cursos de informática e fotografía.

6. Diferentes maneiras de enfoque.

0 comentarios

- Poderíamos levala a cavo tamén por internet. Poderíamos vender ordenadores e camaras por unha páxina web e poderíamos facer cursos por internet de edición web e retoque de imaxes.
- Poderiamos enviar as fotografias reveladas a domicilio.

5. Negocios Propostos

0 comentarios

8 Os negocios que temos pensado son:

-Discoteca.
-Un cibercafe.
-Un centro comercial.
-Un restaurante chino.
-Tenda de informática e fotografía.


Quedámonos ca tenda de informática e fotografía porque na Illa nan hai ningunha e é unha empresa na que nos gustaría traballar.
O noso proxecto chamaráse "FOTOINFO".

O proxecto vai a ser viable porque na Illa non hai ningunha empresa que sexa se informática e fotografía. As empresas que xa hai de informática tardan moito tempo e non dan bos resultados e nas que hai de fotografía non teñen empleados profesionais, polo que a imaxe deixa moito que desaxar.
Por iso a nosa empresa será unha das mellores da Illa e con unha profesionalidade envidiable.

4. Empresa "OIE"

0 comentarios

8 No trozo no que temos que traballar da Illa de Arousa temos:

1 -
9 bares
2 -2 tendas de roupa
3 -2 bancos
4 -1 reloxería
5 -1 pub
6 -1 discoteca
7 -1 plaza de abastos
8 -1 supermercado pequeno
9 -1 pizeria

10 -1 clínica dental
11 -1 óptica

12 -1 compañía de augas
13 -1 promotora de pisos
14 -1 praza de alimentos variados
15 -1 tenda de móviles
16 -1 pasteleria.
17 -1 parafarmacia
18 -1 todo a cen





2. Empresas "Illa de Arousa"

0 comentarios

Bares:
- Poderíamos montar un bar porque nesa zona hai moitos bares e veselle que van ben pero non vamos a montar un bar porque xa hai moitos nesa zona.

Tendas de Roupa:
- Todo Barato. É unha tenda na que venden casi de todo. Alfombras, fios, roupa, sabenas, roupa interior, calzado, paraugas, cortinas... A tenda ten beneficios ainda que non moitos. Nos non imos a facer outra tenda deste tipo porque non ten moita saída.
- Xeito Moda. É unha tenda de roupa moi básica. Leva moitos anos aberta e obten beneficios pero non e tipo de tenda que buscamos.

Bancos:
-Dan moitos beneficios pero xa hai 2 bancos na nosa area e non hai tantos habitantes para máis bancos dos que hai.

Reloxería:
-A reloxería ten beneficios suficientes para seguir en pé, pero xa hai 3 reloxerías na Illa e non nos daría moitos beneficios debido á competencia.

Pub:
-Non debe de ir moi ben porque cambiou de propetiario moitas veces. Tampouco hai tantos clientes, só en festas sinaladas.

Discoteca:
-Da moitisimos beneficios e sería unha boa idea montar nós tamén unha porque a xente podería cambiar de ambiente.

Plaza de Abastos:
-Hai moitos negocios na praza é obten moitos beneficios, toda a xente merca alí o peixe, carne, etc. Non se pode poñer outra praza porque eso o pon o axuntamento e aínda quedan tendas dentro.

Supermercado Pequeno:
-Pensamos que non da moitos beneficios xa que é moi pequeno. Por eso ao non dar moito subironlle os prezos aos productos é aínda teñen menos xente. Non faceríamos un porque xa hai moitos supermercados.

Pizzería Salva:
-É a única pizzería que hai na Illa é da moitos beneficios. Poderíamos facer unha pero non temos experienza en comida italiana.

Clínica Dental:
-A clínica ten bastantes clientes debido a que foi o primeiro dentista da Illa. Nos non montaríamos unha clínica xa que non temos os estudos necesarios.

Óptica:
-É unha boa empresa. É a única óptica que ten lugar na Illa. Non a faríamos porque tampouco temos os estudos necesarios en lentes.

Compañía de Augas:
-É unha empresa imprescindible para a Illa debido a que subministra a auga a todo o pobo. Non faríamos outra porque toda a xente está suscrita a ela.

Promotora de Pisos:
-Non faríamos unha porque na Illa estase construíndo moitos pisos.

Praza de Alimentos Variados:
-Non faríamos unha porque xa hai moitas tendas de alimentos na Illa.

Tenda de Móbiles:
-É unha moi boa empresa. Faceríamos unha pero non MoviStar, senón, Vodafone, porque non hai ningunha na Illa.

Pastelería "Rolly Polly":
- É un bo negocio porque da moitos beneficios é ten moita clientela. Nos non faceriamos unha porque xa hai dúas.

Parafarmacia:
-Non ten moita clientela porque ten pouca variedade de productos.

Todo a Cen:
- Non faceríamos unha porque apenas da beneficios e xa hai outras tendas similares que cerraron.

OIE: Traballo Película "Wall Street"

0 comentarios

1.Cales son os principais escenarios onde ten lugar a película? En que país?
Os principais escenarios son no lugar onde traballa Bud Fox, no despacho de Gekko, na compañía aérea do pai de Fox e nas casas de Fox.A película ten lugar en Wall Street, un barrio financeiro moi importante de Nova York nos Estados Unidos.

2. Por que cres que leva ese título?
Porque o filme desenvólvese nese lugar e o tema principal da película e a bolsa.

3. Cando teñen lugar os feitos que se relatan?
En 1985. A película xa ten bastante tempo e notase na calidade e na forma de vestir e de actuar dos actores.

4. Cres que se se rodara hoxe en día os feitos serían moi diferentes? Razoa a resposta.
Non creo que fose moi diferente. Simplemente cambiarían un pouco os edificios, a vestimenta, o ambiente e a forma de actuar. Creo que non está moi anticuada con respecto a hoxe.

5. Que se vende na Bolsa?
Véndense accións de diferentes sociedades anónimas que se atopan na bolsa dispoñibles para toda aquela persoa que as queira mercar.

6. Que son as accións?
Unha acción é unha parte na que se divide o capital social dunha sociedade anónima que se atopa na bolsa. Se o capital sube o prezo de cada acción tamén.

7. Que provoca que suba ou baixe o prezo das accións na Bolsa?
Se os beneficios da sociedade anónima aumentan o valor das accións tamén o farán. Pasa igual se os beneficios diminúen. As acción cambian continuamente de prezo.

8. Quen é o propietario dunha empresa: quen posúe accións dela ou quen traballa como director a cambio dun soldo?
Se a empresa é unha sociedade anónima ten varios propietarios que son os que posúen accións desa empresa. Por iso se lle chama anónima.

9. Cal é a diferenza entre propietario e empresario?
O propietario é aquel que posúe a empresa ou algunha parte dela e o empresario e o director da empresa pero que traballa a cambio dun soldo. Todo isto se a empresa é unha sociedade anónima.

10. Oíches falar da crise financeira de 1929? Quen a provocou?
Entre 1929 e 1939 xorde unha gran crise económica de consecuencias nefastas en todo o mundo. A crise prodúcese en Wall Street, con un crac da bolsa debido ao sobreprezo dos valores que cotizaban. O crac da bolsa supuxo a descapitalización repentina da industria e das empresas norteamericanas, e por exportación as de todo o mundo.A crise provocouna a quebra da bolsa en Nova York.

11. Hoxe en día tamén se di que estamos en crise, en que datos te baseas para estar de acordo?

Pola subida dos prezos e a redución dos postos de traballo. Isto indica que hai maiores gastos e menos ingresos.

12. Analiza, desde o punto de vista da ética empresarial estas dúas frases extraídas da película:
" Los que corren mucho, caen pronto" (pronunciada polo xefe de Buddy en Jackson Steiner and Company)

Quere dicir que hai que ir pouco a pouco e pensando o que se fai. Sempre que alguén sobe a fama e gaña moito diñeiro moi rápido e en pouco tempo acaba caendo.

"Esta es la clave, señoras y señores: la ambición, a falta de una palabra mejor, es buena. La ambición es lo correcto; la ambición logra sus objetivos, la ambición clarifica, atraviesa dificultades y capta la esencia del espíritu evolucionista" (Gordon Gekko)
Non estou de acordo co que está dicindo. Creo que hai que ser humildes e estar contentos co que se ten porque hai moitas persoas no mundo que non teñen nin para comer e outras que lle sobran os cartos e os gastan en caprichos sen sentido e en luxos innecesarios.

13. Que iniciativas emprendedoras levou a cabo Buddy? Que pretendía acadar? Cres que foron boas?
Buddy sabía que a “BlueStar” (a empresa de seu pai) gañara un xuizo e que as súas accións ían a subir, así que aconsellou a Gekko para que invertera nesa empresa e poder gañar seguro. Despois cando se percata de que quería vender as accións para gañar máis diñeiro sentiuse enganado e utilizado así que foi xunto a outro gran inversor para tenderlle unha trampa.

14. Nomea a iniciativa emprendedora que che pareceu máis intelixente pola súa parte e a que menos. razoa a resposta.

A máis intelixente foi a de tenderlle a trampa a Gekko e a menos intelixente foi a de confiar en Gekko e dicirlle o segredo de seu pai e de que a “BlueStar” ía a subir bastante o prezo das súas accións.

15. Que iniciativas emprendedoras observaches en Gekko?Que finalidade persigue este home con ditas iniciativas?

As iniciativas de Gekko consisten en ganar el moitos cartos e deixar aos outros inversores e as pequenas empresas sen accións e sen cartos. Os seus métodos non son moi honrados.

16. En que apoiarías a Gekko e en que non?

Apoiaríao no de ser un gran inversor pero que non pise á xente nin se aproveite dela porque Gekko é moi manipulador.

17. Cres que no mundo dos negocios vale todo?

Creo que non, que por enriba dos negocios están as persoas e o importante e non facerlles dano, porque o que ti gañas outro o perde. E tamén hai que ter iso en conta.

18. En que consiste o traballo de Buddy? Por que a el lle gusta tanto?

Buddy o que fai é aconsellar a Gekko dicíndolle o que debe investir e espiar aos grandes inversores que teñen información privilexiada sobre a bolsa para despois contarlla a Gekko. A el gústalle porque Gekko dálle moitos cartos e sempre inverten sobre seguro, nunca sobre algo que non saben.

19. Por que desexa tanto traballar con Gekko? É feliz cando o consigue?

Porque Buddy quere chegar alto e non quere quedarse traballando dicíndolle aos seus clientes o que deben investir senón investir el pola súa conta e poder levar unha vida mellor.

20. Que papel representa o pai de Buddy na película?

O pai de Buddy é o director dunha empresa aérea chamada “BlueStar”. O pai de Buddy (que tamén é o seu pai na realidade) loita por levar a súa empresa adiante e porque ningún gran inversor (como pode ser Gekko) se faga coa súa empresa.

21. Un empresario con éxito (Gekko): nace ou faise? Como chegou el a ter tanto éxito? Como o ven os demais?

Un empresario faise. Hai que traballar moito. El conseguiu éxito invertendo e gañando moitos cartos. As persoas veno como alguén importante e elegante. En realidade el é un manipulador, faille crer as persoas unha cousa e por detrás fai outra distinta.

22. En EE.UU fracasar pero volver a intentalo varias veces valórase de forma positiva. Recoñécelle forza, empuxe, capacidade de superación. No noso país é ao revés. O que errou xa non é moi ben visto. Ti con cal dos puntos de vista te identificas. Razoa a resposta e pon un exemplo.

Eu creo que se fracasas tes dereito a volvelo a intentar. Todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade. Un exemplo moi claro é como cando repites curso, se che saíu mal tes outra oportunidade para volvelo a intentar. Pero tamén só se debería ter unha oportunidade porque hai xente que volve a intentalo moitas veces e non consegue chegar ao seu reto.


4 Adrián Cores