A cárcere de Senegal.

Estas rexas que vedes, separan aos viaxeiros que chegan ao aeroporto internacional de Dakar (Leopold Sedar Senghor) das persoas que esperan e que mostran os seus brazos a través dos barrotes. Senegal converteuse nunha cárcere para moitos, que o único que queren é chegar as costas de Canarias enganados polas mafias que aseguran un inexistente futuro mellor. En moitos casos soamente pasan o día mirando aos turistas que chegan, ou en outros casos esperan que os seus familiares en Madrid conseguiran colocar a súa maleta chea de pañales ou deterxentes (bens preciados en Senegal) a algún viaxeiro para non ter que pagar a pasaxe.

0 comentarios: