1.Cales son os principais escenarios onde ten lugar a película? En que país?
Os principais escenarios son no lugar onde traballa Bud Fox, no despacho de Gekko, na compañía aérea do pai de Fox e nas casas de Fox.A película ten lugar en Wall Street, un barrio financeiro moi importante de Nova York nos Estados Unidos.
2. Por que cres que leva ese título?
Porque o filme desenvólvese nese lugar e o tema principal da película e a bolsa.
3. Cando teñen lugar os feitos que se relatan?
En 1985. A película xa ten bastante tempo e notase na calidade e na forma de vestir e de actuar dos actores.
4. Cres que se se rodara hoxe en día os feitos serían moi diferentes? Razoa a resposta.
Non creo que fose moi diferente. Simplemente cambiarían un pouco os edificios, a vestimenta, o ambiente e a forma de actuar. Creo que non está moi anticuada con respecto a hoxe.
5. Que se vende na Bolsa?
Véndense accións de diferentes sociedades anónimas que se atopan na bolsa dispoñibles para toda aquela persoa que as queira mercar.
6. Que son as accións?
Unha acción é unha parte na que se divide o capital social dunha sociedade anónima que se atopa na bolsa. Se o capital sube o prezo de cada acción tamén.
7. Que provoca que suba ou baixe o prezo das accións na Bolsa?
Se os beneficios da sociedade anónima aumentan o valor das accións tamén o farán. Pasa igual se os beneficios diminúen. As acción cambian continuamente de prezo.
8. Quen é o propietario dunha empresa: quen posúe accións dela ou quen traballa como director a cambio dun soldo?
Se a empresa é unha sociedade anónima ten varios propietarios que son os que posúen accións desa empresa. Por iso se lle chama anónima.
9. Cal é a diferenza entre propietario e empresario?
O propietario é aquel que posúe a empresa ou algunha parte dela e o empresario e o director da empresa pero que traballa a cambio dun soldo. Todo isto se a empresa é unha sociedade anónima.
10. Oíches falar da crise financeira de 1929? Quen a provocou?
Entre 1929 e 1939 xorde unha gran crise económica de consecuencias nefastas en todo o mundo. A crise prodúcese en Wall Street, con un crac da bolsa debido ao sobreprezo dos valores que cotizaban. O crac da bolsa supuxo a descapitalización repentina da industria e das empresas norteamericanas, e por exportación as de todo o mundo.A crise provocouna a quebra da bolsa en Nova York.
11. Hoxe en día tamén se di que estamos en crise, en que datos te baseas para estar de acordo?
Pola subida dos prezos e a redución dos postos de traballo. Isto indica que hai maiores gastos e menos ingresos.
12. Analiza, desde o punto de vista da ética empresarial estas dúas frases extraídas da película:
" Los que corren mucho, caen pronto" (pronunciada polo xefe de Buddy en Jackson Steiner and Company)
Quere dicir que hai que ir pouco a pouco e pensando o que se fai. Sempre que alguén sobe a fama e gaña moito diñeiro moi rápido e en pouco tempo acaba caendo.
"Esta es la clave, señoras y señores: la ambición, a falta de una palabra mejor, es buena. La ambición es lo correcto; la ambición logra sus objetivos, la ambición clarifica, atraviesa dificultades y capta la esencia del espíritu evolucionista" (Gordon Gekko)
Non estou de acordo co que está dicindo. Creo que hai que ser humildes e estar contentos co que se ten porque hai moitas persoas no mundo que non teñen nin para comer e outras que lle sobran os cartos e os gastan en caprichos sen sentido e en luxos innecesarios.
13. Que iniciativas emprendedoras levou a cabo Buddy? Que pretendía acadar? Cres que foron boas?
Buddy sabía que a “BlueStar” (a empresa de seu pai) gañara un xuizo e que as súas accións ían a subir, así que aconsellou a Gekko para que invertera nesa empresa e poder gañar seguro. Despois cando se percata de que quería vender as accións para gañar máis diñeiro sentiuse enganado e utilizado así que foi xunto a outro gran inversor para tenderlle unha trampa.
14. Nomea a iniciativa emprendedora que che pareceu máis intelixente pola súa parte e a que menos. razoa a resposta.
A máis intelixente foi a de tenderlle a trampa a Gekko e a menos intelixente foi a de confiar en Gekko e dicirlle o segredo de seu pai e de que a “BlueStar” ía a subir bastante o prezo das súas accións.
15. Que iniciativas emprendedoras observaches en Gekko?Que finalidade persigue este home con ditas iniciativas?
As iniciativas de Gekko consisten en ganar el moitos cartos e deixar aos outros inversores e as pequenas empresas sen accións e sen cartos. Os seus métodos non son moi honrados.
16. En que apoiarías a Gekko e en que non?
Apoiaríao no de ser un gran inversor pero que non pise á xente nin se aproveite dela porque Gekko é moi manipulador.
17. Cres que no mundo dos negocios vale todo?
Creo que non, que por enriba dos negocios están as persoas e o importante e non facerlles dano, porque o que ti gañas outro o perde. E tamén hai que ter iso en conta.
18. En que consiste o traballo de Buddy? Por que a el lle gusta tanto?
Buddy o que fai é aconsellar a Gekko dicíndolle o que debe investir e espiar aos grandes inversores que teñen información privilexiada sobre a bolsa para despois contarlla a Gekko. A el gústalle porque Gekko dálle moitos cartos e sempre inverten sobre seguro, nunca sobre algo que non saben.
19. Por que desexa tanto traballar con Gekko? É feliz cando o consigue?
Porque Buddy quere chegar alto e non quere quedarse traballando dicíndolle aos seus clientes o que deben investir senón investir el pola súa conta e poder levar unha vida mellor.
20. Que papel representa o pai de Buddy na película?
O pai de Buddy é o director dunha empresa aérea chamada “BlueStar”. O pai de Buddy (que tamén é o seu pai na realidade) loita por levar a súa empresa adiante e porque ningún gran inversor (como pode ser Gekko) se faga coa súa empresa.
21. Un empresario con éxito (Gekko): nace ou faise? Como chegou el a ter tanto éxito? Como o ven os demais?
Un empresario faise. Hai que traballar moito. El conseguiu éxito invertendo e gañando moitos cartos. As persoas veno como alguén importante e elegante. En realidade el é un manipulador, faille crer as persoas unha cousa e por detrás fai outra distinta.
22. En EE.UU fracasar pero volver a intentalo varias veces valórase de forma positiva. Recoñécelle forza, empuxe, capacidade de superación. No noso país é ao revés. O que errou xa non é moi ben visto. Ti con cal dos puntos de vista te identificas. Razoa a resposta e pon un exemplo.
Eu creo que se fracasas tes dereito a volvelo a intentar. Todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade. Un exemplo moi claro é como cando repites curso, se che saíu mal tes outra oportunidade para volvelo a intentar. Pero tamén só se debería ter unha oportunidade porque hai xente que volve a intentalo moitas veces e non consegue chegar ao seu reto.
4 Adrián Cores
OIE: Traballo Película "Wall Street"
Etiquetas: O.I.E.Publicado por aDRii en 5:29
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Diseño e iconos por N.Design Studio | A Blogger por Blog and Web
0 comentarios:
Publicar un comentario